9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Luz verde do pleno de Santa Comba á creación dunha Comisión de Investigación proposta por José Antonio Ucha

FOTO-ARQUIVO

Xunto coa problemática eólica (crónica aquí), no pleno ordinario de novembro en Santa Comba abordaronse outros asuntos, como a modificación das ordenanzas fiscais do servizo de comedor sobre rodas e da Escola Infantil.

Modificación de ordenanzas

Eran dúas adaptacións. Por un lado para dar cobertura legal a ampliación do servizo do comedor tamén ás fins de semana, como explicou a concelleira de Servizos Sociais, Esther Espasandín(PP).

David Barbeira(CxG) lembrou que foi unha decisión adoptada durante o seu mandato, e Ucha reprochou que naquel momento “fixéronse mal as cousas” e agora tocaba regularizar “unha situación paralegal”.Carlos Turnes(PSOE) preguntou pola alternativa de implantar o servizo “Xantar na Casa”, algo que rexeitou a alcaldesa María Pose(PP) polo feito de que “co Xantar na casa lévase a comida unha vez a semana e desta forma faise un menú equilibrado cada día”. Votaron todos a favor e abstívose o PSOE.

Con respecto á Escola Infantil, tratábase de introducir a gratuidade do “segundo fillo” aprobada pola Xunta. Esther Espasandín lamentou que as familias xa se poderían estar beneficiando desta mellora pero o goberno anterior non fixo este trámite. “Eu no tiña constancia deste requerimento” xustificou Barbeira. Para Ucha Velo son “excusas de mal pagador” e para María Pose unha mostra de “deixadez”. Houbo unanimidade neste punto.

Renovación do alumeado público

Aprobouse un recoñecemento extraxudicial de crédito, que deu lugar ás críticas do PP e de Ucha á xestión de Barbeira, sobre todo, no referido a contratación dunha comercializadora eléctrica que tivo problemas económicos. O concello deberá aboar estas facturas directamente a Facenda.”É algo moi grave. Contratou con un pufero” criticou Ucha. Os non adscritos e o PSOE abstivéronse e PP e Compromiso votaron a favor.

Por unanimidade acordouse delegar competencias na alcaldía para a xestión do proxecto de renovación das instalacións de alumeado público municipal, que supón un investimento de 1.192.000 euros (cunha subvención do IDEA de 954.000 euros). E tamén se aprobou unha moción presentada polo Partido Popular (exposta polo edil José Manuel Rodríguez Torreira) de apoio ao sector lácteo.

Comisión Especial de Investigación

A cuestión máis polémica foi unha moción presentada por José Antonio Ucha para a creación dunha “Comisión Especial de Investigación” ante presuntas irregularidades e “feitos extremadamente graves” relacionados cunha “presunta modificación irregular do nivel de destino” dunha praza de técnico municipal, e con outros asuntos vencellados a filtracións de datos internos ou a un intento de acceso a información privada.

Para Ucha hai actitudes que poden ser constitutivas de presuntos delitos de malversación de caudais públicos ou falsedade documental. María Pose indicou que o concello debe velar pola “seguridade”  e o PSOE pensa que “se hai sospeitas de irregularidades esta é a forma”. Para David Barbeira e algo “innecesario totalmente” e “se hai irregularides hai que actuar de oficio”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos