Foto-Concello de Santa Comba/Radio Xallas
A concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade do Concello de Santa Comba, Esther Espasandín Turnes, anunciou que se dinamizará a Mesa contra a Violencia de Xénero, posta en marcha durante a súa anterior etapa na citada concellaría ,e que “non se volveu a formar” co anterior goberno.”Para min é moi importante” dixo.
Nunha entrevista en Radio Xallas explicou distintos servizos que se prestan desde o departamento que coordina, que conta con 41 traballadoras “xente moi capacitada e formada”.
Entrevista a Esther Espasandín-
Detallou as tarefas do Centro de Información ás Mulleres, as actividades relacionadas co 25 N que compaxinan o aspecto da prevención, implicando ás crianzas da Escola Infantil ou os de carácter reivindicativo.
Tamén falou do Centro de Atención Temperá, do Programa Integrado de Emprego, e de distintos programas que se están levando a cabo desde o concello.