14.5 C
Santa Comba
miércoles, junio 29, 2022

Os concelleiros non adscritos insisten en culpar ao alcalde da perda de fondos e da crise política de Ponteceso

Os concelleiros non adscritos de Ponteceso consideran que “a situación de Ponteceso é dunha gravidade máxima, e o Alcalde lonxe de querer solucionala, complicaa máis”.

Diante das declaracións recentes de García Carballido apelando ao diálogo “vémonos obrigados a recordarlle a este señor que so él é o responsable de que Ponteceso quedara sen o Plan Unico 2021 xa que , como alcalde é o encargado de acadar acordos plenarios mediante diálogos co resto da corporación”.

Insisten que presentou no pleno “o que lle pareceu, sen ningún tipo de consenso nin reunión previa e o día anterior de que rematase o plazo, e nos posteriores plenos seguiu na mesma línea sen cambiar nin un punto da sua proposta”.

Critican que mentras Carballido “tende a man a PP ou a Apin coma se nada pasara, e aos demais concelleiros quere ignorarnos coma se non existiramos”.

Subvención perdida, Servizo de Axuda no Fogar sen contratar, 

Lembran que en Ponteceso hai cuestións pendentes como promover unha auditoría externa, “para poder saber como esta a situación financieira”, ou dar conta da perda dunha subvención do IDAE, aínda que estes concelleiros teñen claro que o mandatario socialista “presentou o pleno unha chapuza de proxecto para o IDAE”, non saíndo aprobado e cunha alternativa presentada pola oposición pero :”Como o alcalde non está na mesa de contratación non se lava a cabo o IDAE. Non pode formar parte da mesa de contratación e así poder xestionar e dar a empresa que el queira. Como pasou co proxecto que o adxudicou incluso en baixa temeraria”.Tamén inciden na necesidade de regularizar o Servizo de Axuda no Fogar(SAF).

E envían unha mensaxe ao alcalde:”Mentres vostede non nos escoite as nosas peticións,non pretenda vender ningún tipo de diálogo porque iso non existe e segue sendo o responsable de toda esta situación”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
459SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos