9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Afectados polo Plan Especial de Pedra do Sal séntense «avasallados» polo concello de Carballo

Dende a Plataforma de Afectados polo Plan Especial de Pedra do Sal, non queremos deixar pasar o noso malestar polas palabras de Milagros Lantes na entrevista que se publicou o pasado 31/10 na prensa local.

En dita entrevista, Milagros Lantes afirmaba que só se expropia unha vivenda. Non écerto que só se expropie unha vivenda, son varias vivendas, edificacions e parcelas que se pretenden expropiar e demoler neste Plan Especial, sen ter en conta a tremenda dor dos veciños que habitaron desde sempre en Pedra do Sal.

Non é certo que as vivendas que se pretenden expropiar están nun solo no que non pode haber uso residencial, pois a Lei permite conservar e manter as edificación existentes nese tipo de solo, e moito máis tendo en conta que se trata de varias vivendas anteriores ao ano 1956.Expropiar vivendas e propiedades particulares, así como pretender deshauciar as familias que as habitan, para facer un museo, parécenos un maltrato aos veciños, que pagaron os seus impostos e teñen toda a súa vida ahí.

A creación dun museo, ou como di a concelleira: “quen di un museo di outras cuestións”, parécenos unha mala excusa, para facerse con terreos que non son de propiedade do Concello, senon dos vecinos, pois existen dous centros sociais en Lema, o de Imende e o de Vilela, onde ben poderían colgar as fotografías que desexe o Concello, estes centros a día de hoxe teñen as súas paredes baleiras de contido.

Deshauciar familias das súas propiedades para colgar fotografías consideramos que é un abuso e non é unha necesidade, mais, cando a día de hoxe pódense facer museos virtuais que chegan a todo o mundo sin facer dano a ninguén. Non é certo que exista por parte do Concello preocupación polo entorno natural e paisaxístico, pois no PXOM aprobado, reclasificáronse terreos rústicos de especial protección para convertilos en zonas de núcleo urbano, creando maior presión urbanística nas zonas de maior protección ambiental, e neste Plan especial urbanízanse zonas de Rede Natura, “creando unha Marbella”poñendo en risco o entorno natural.

Non se trata de que a xente tivera outras perspectivas, simplemente no PXOM non se reflectíu a intención de expropiar as vivendas nin propiedades particulares. Dende o primeiro momento deixamos ver o concello que non hay unha oposción a que se establezcan novas dotacions ( zonas verdes ou aparcadoiros ) sinon que a mesma resulta desmesurada e que debería buscarse unha solución con unha expropiación moito menor.

O que máis nos doe é a falta de información veraz, e o pouco diálogo existente entre o Concello e os administrados, sentímonos avasallados. Nós o único que desexamos é que se nos trate con respeto, e non nos quiten o que é noso, froito de moito traballo e esforzo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos