14.2 C
Santa Comba
sábado, febrero 4, 2023

En marcha o Obradoiro de Emprego compartido entre Dumbría, Cee e Corcubión

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na inauguración do novo obradoiro de emprego de Dumbría, compartido con Cee e Corcubión, no que se formarán a 20 alumnos, en dúas especialidades: promoción turística local e información ao visitantes e en instrución en ioga, cun investimento por parte da Xunta de máis de 346.000 euros.

O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante 9 meses para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade,  polo que é moi importante aproveitar esta formación porque será unha importante axuda para que atopedes un emprego”. 

O representante do Goberno autonómico puxo en valor esta formación porque “non sería posible sen a estreita colaboración entre concellos e Xunta. A administración autonómica é a que aporta o financiamento e os concellos a organización”. “É o mellor exemplo –recalcou- do éxito cando existe unha boa colaboración entre administracións”.

No acto estaban presentes os alcaldes de Dumbría, José Manuel Pequeño, e Cee, Margarita Lamela, así como representantes do concello de Corcubión, e os portavoces do PP dos dous primeiros municipios.

O delegado da Xunta recalcou que nesta comarca de Bergantiños-Costa da Morte levaranse a cabo un total de cinco talleres ordinarios duais. Mediante estas iniciativas a Consellería de Emprego e Igualdade investirá en políticas activas de emprego nesta comarca Bergantiños-Costa da Morte máis de 1,7 millóns de eurosOs talleres de formación duais serán o de Camariñas, compartido con Muxía e Vimianzo; o de Carballo; e o de Dumbría compartido con Cee e Corcubión e o da Laracha.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
1,030SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos