9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Sufocan un incendio nunha vivenda de Ponteceso

Operarios do GES de Ponteceso extinguiron un lume localizado nunha vivenda deshabitada de Carballido, en Ponteceso,pero próxima a outras vivendas, segundo informan os Bombeiros de Carballo, que se desprazaron ata o lugar dos feitos e colaboraron nas tarefas de enfriamento dos rescoldos e no abastecemento de auga ao camión do GES.

Empregáronse uns 4.000 litros de auga.Os danos centráronse nas estructuras interiores de madeira, xa que na vivenda non había mobiliario.  A cuberta tamén se viu afectada xa que eran placas de fibrocemento aínda que a estructura era de viguetas de formigón.Non houbo danos persoais e tampouco chegou a afectar a outrasvivendas.

Xunto cos efectivos do GES de Ponteceso e dos Bombeiros do parque comarcal de Carballo tamén colaborou Protección Civil e a Garda Civil.

FOTO-BOMBEIROS DE CARBALLO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos