9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Os populares de Muxía solicitan un pleno extraordinario para falar da situación do CEIP “Os Muíños”

O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de solicitar un pleno extraordinario para abordar a problemática do CEIP de “Os Muíños”:

“Por un lado preocupanos, e moito, a falta de interés mostrada por parte do goberno municipal que fai caso omiso a todas e cada unha das demandas que lle chegan dende o colexio para o mantemento e bo cuidado das instalación do centro que son ignoradas dende que este goberno municipal chegou ó goberno” explica a portavoz municipal que fai incidencia en que a falla de comunicación entre o centro e o goberno é unha situación que non pode darse falando de educación,“por outro lado, non se está cumplir o protocolo covid no servizo de limpeza, o cal é gravísimo.”

Continua a portavoz que explica que este é un dos motivos que esixen “celeridade en dar solución a esta problemática xa que estamos falando da saúde e calidade eductiva, e iso non pode esperar” remata a portavoz municipal que lamenta que se tivera que chegar a solicitar un pleno extraordinario xa que recorda que “xa preguntamos sobre estas problemáticas no pleno ordinario e díxosenos que se nos iba a contestar por escrito pero a día de hoxe non recibimos resposta nin deso nin das demáis cuestións plantexadas”.

PARQUE INFANTIL

Así mesmo, o PP de Muxía plantexará o pleno unha moción plenaria para que o concello execute unha actuación no parque infantil exterior do centro que se atopa en mal estado e que consideran que hai que arranxalo para que os nenos o poidan en óptimas condicións en canto se lle permita volver a facer uso destas instalación e recordan que todas estas competencias son municipais tal e como establece o acordó firmado entre a consellería de eduación e a FEGAMP para o desenrolo do pacto local no ano 2006

Nota de prensa do Partido Popular de Muxía

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos