O Alcalde de Ponteceso quixo desexar sorte á nova xestora do PP de Ponteceso. «Coñézoas, a todas as persoas que están nela, e deséxolles acertos no seu traballo a favor de Ponteceso» expresou o Alcalde.
AXUDA PARA CONSEGUIR INVESTIMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
O Alcalde dirixiuse hoxe á nova portavoz do Partido Popular en Ponteceso para pedirlle colaboración para conseguir investimentos da Xunta de Galicia en Ponteceso.
«As sendas do Couto e Xornes segunda fase, levan un ano de retraso na súa licitación. A Conselleira Éthel Vázquez non nos recibe, por moito que o tentamos. Tampouco hai investimentos de Augas de Galicia en Ponteceso, investimentos que foron solicitados reiteradas veces polo Alcalde tanto á directora de Augas de Galicia, como á propia Conselleira.»
O Concello de Ponteceso quere conectar a parroquia da Graña, a tan só dous quilómetros de Ponteceso, co saneamento local. Coa ocasión da execución das sendas de Lestimoño pola Deputación, queremos poñer por baixo das sendas os tubos de auga e saneamento, para non ter que romper despois, e así achegar a esta parroquia o servizo.»
REMAR XUNTOS A FAVOR DE PONTECESO
O Alcalde cre que «remando xuntos a favor de Ponteceso» a corporación municipal daría un exemplo de diálogo e política constructiva, que é o que precisamente incide a nova xestora do PP local na súa mensaxe pública.
Nota de prensa da alcaldía de Ponteceso