6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

A nova xestora do PP promete traballar en “clave positiva” pero lembra que “O PSOE é o único responsable da grave situación” de Ponteceso

O Partido Popular conta cunha nova xunta xestora no concello de Ponteceso, liderada pola concelleira Marta Carrillo. Está acompañada por Estefanía Pena Pombo, María Luz Rama Blanco, Mónica Bermúdez Chans, Adolfo Francisco Valiña Vázquez, Beatriz Martínez Calvo, e  Ana María Vecino Santiago.

Foi precisamente Marta Carrillo a que lanzou as primeiras mensaxes nesta nova etapa, “ilusionante “ e en “clave positiva” pero deixando claro que “Non podemos quedar parados ante a ausencia dun alcalde que conta só co apoio de dúas concelleiras e que non demostra ningún interesa polo avance do concello”.

Piden altura de miras ao PSOE

Sinalan ás filas socialistas: “O PSOE é o único responsable da grave situación na que se atopa Ponteceso”. Piden “altura de miras” a este partido.“Non podemos esquecer que o PSOE gobernaba con maioría absoluta e que agora só conta con tres concelleiros no goberno. Eles e só eles son os responsables do que está pasando en Ponteceso, da grave situación económica e de ingobernabilidade na que nos atopamos. Eles son os que teñen que poñerlle solución e nós imos estar aí para esixilo día tras día” declarou Marta Carrillo.

Desde o Partido Popular de Ponteceso engaden: “Imos facer unha política construtiva, en clave positiva e contando con todos os que teñan ganas de traballar polo noso municipio, cunha aposta clara para recuperar ese Partido Popular forte que sempre tivo Ponteceso e polo que apostaban os nosos veciños”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos