17.8 C
Santa Comba
lunes, julio 4, 2022

O conselleiro de Cultura destacou a “maxistral transformación” que realizou Domingo Antonio de Andrade en varias cidades

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, destacou a figura do arquitecto ceense Domingo Antonio de Andrade que realizou “unha maxistral transformación” en Santiago de Compostela, pero tamén en Lugo, Tui e A Coruña ou espazos fundamentais para o Camiño de Santiago.

Foi nos actos de celebración do Día das Artes Galegas, organizado pola Real Academia de Belas Artes, que tanto o ano pasado como este está dedicado a Domingo Antonio de Andrade

Román Rodríguez referiuse, ademais, ao vindeiro creador galego co que se festexará esta efeméride, Laxeiro, que protagonizará os actos do Día das Artes Galegas de 2022. 

Como dixo, entre Domingo de Andrade e Laxeiro “parece non existir demasiadas similitudes no que á súa produción se refire, pero hai unha característica que os fai equiparables: ambos conseguiron renovar o imaxinario artístico do seu tempo”. 

Tamén salientou a capacidade de ambos para “contribuír a dotar a Galicia dun lugar destacado na xeografía creativa tanto nacional como continental”.Neste acto tamén estivo presente, entre outras autoridades, a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela Louzán.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
462SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos