14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

“Camiño da Innovación” en Santa Comba

Santa Comba acolleu este martes unha nova parada do programa “Camiño da Innovación”, que contou coa presenza do trailer informativo promovido pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.

Na Casa da Cultura houbo un encontro no que participou a directora da Axencia Galega de Innovación(Gain), Patricia Argerey así como representantes das empresas Elmega, Triple Alpha Innovación, Caolines de Vimianzo e  Do Artesanato CAC que contaron os seus “casos de éxito” como emprendedores.

“Queremos compartir con vós os obxectivos de ter máis empresas innovadoras en Galicia” manifestou Argerey, que aproveitou para destacar “a acollida magnífica” a esta iniciativa e “a sensibilidade de que é un obxectivo compartido”.Unha iniciativa enmarcada dentro do “Programa de impulso da innovación nas pemes e microempresas”.

Tamén asistiron ao encontro a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e o concelleiroEducación, Formación, Xuventude e Medios Tecnolóxicos   Manuel Iglesias Mouro, e un grupo de empresarios da zona.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos