12.6 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Carmen Suárez:“Quedou demostrado que o exalcalde de Camariñas utilizou a política para o seu beneficio. Fixo da corrupción o seu medio de vida «

Cinco anos e medio de inhabilitación e multa económica para o exalcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León por prevaricación administrativa e negociación prohibida a funcionarios. 

Esta foi a sentenza recentemente coñecida que valorou unha das promotoras da denuncia (xunto con Estrella Antelo) no programa Na Encrucillada de Radio Xallas.

“Quedou demostrado que o exalcalde de Camariñas utilizou a política para o seu beneficio. Fixo da corrupción o seu medio de vida” manifestou Carmen Suárez.

Fixo fincapé que as dilatacións no proceso supuxeron “unha rebaixa na condena” e que “o acusado buscou todos os entresixos para non sentarse no banquiño pero non tivo máis remedio. E ten tres sentenzas”.

Sobre o PSOE:»A alcaldesa é cómplice de todas as ilegalidades»

Sobre o cruce de críticas entre PSOE e PP aclarou que non está na política e que “esta non é a miña guerra” pero si reiterou unhas declaracións anteriores en Radio Xallas.

“A alcaldesa Sandra Ínsua é cómplice de todas as ilegalidades que cometeu Alonso de León. Non sei se o seu silencio e a súa pasividade é motivo de delito. Pero sempre se apoiaron mutuamente”.

Tamén lembrou ao PSOE que “poñían as mans no lume por Pichurri, agora algúns xa non necesitan guantes”. E tamén sinalou:”Pódese ganar nas urnas e ser un corrupto”.

Sobre o PP:»Non foron consecuentes»

Sobre as declaracións do portavoz do PP de Camariñas dixo:”Se tiñan tan claro que o exalcalde cometiu ilegalidades, non seguiron coa denuncia e non remataron algo que iniciaron?”.

Suárez pensa que os populares “non foron consecuentes”. Agradeceu o apoio de moitos veciños e tamén do letrado que as representou, Sebastián Lorenzo Viejo. Lembrou que Pichurri recibiu advertencias da súa conducta, e que non sacou os seguros a contratación, como era debido. “Hai cousas que non se poden xustificar”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos