10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Gonzalo Trenor visitou as obras que se realizan na Oficina Agraria Comarcal de Santa Comba

– Acompañado pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose-

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a Oficina Agraria Comarcal de Santa Comba na que se está levando a cabo unha actuación de mellora integral que conta cun orzamento próximo aos 50.000 euros.

Entre as actuacións que se levarán a cabo destacan obras de acondicionamento e pintura, renovación da iluminación e da carpintería interior e reconfiguración dos vestiarios e aseos para os veterinarios que desenvolven o seu traballo nesta oficina. 

Ademais, estase executando o trasdosado interior para a mellora da eficiencia enerxética do edificio e o mellor confort térmico dos seus usuarios, a implementación de peches de ventás corredoiras, a reparación de persianas, a demolición dun tabique e actuacións necesarias  para a creación dunha zona de atención administrativa.

Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais 

O delegado da Xunta recalcou que as referidas actuacións enmárcanse no Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais iniciado pola Xunta, que inclúe tanto actuacións de optimización de tipo organizativo e funcional, como de mellora das infraestruturas e da dotación das oficinas. 

Os obxectivos fundamentais das diferentes actuacións deste plan son, por unha parte, dar unha resposta óptima ás demandas actuais da poboación rural en relación aos servizos públicos e, ao mesmo tempo, mellorar as condicións laborais das persoas empregadas públicas que desenvolven as súas tarefas nas ditas oficinas, o que repercute positivamente na relación entre a Xunta de Galicia e o sector primario.

Nota de prensa Xunta de Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos