14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Xosé Luís Rivas (BNG):“A Xunta ten que servir de árbitro para que isto se solucione dunha vez, pero négase”

Sobre a situación do sector lácteo falou o portavoz de agricultura do BNG no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas:“A obriga da Xunta de Galicia é darlle peso político a un sector que ten peso económico e peso social no estado español” manifestou Xosé Luís Rivas.

Lembrou que “producimos o 45% do leite e temos que ter decisión nos prezos ou na PAC.Non podemos ter o mellor leite e os prezos máis baixos do estado”.RivaS entende que “A Xunta ten que servir de árbitro, presionar a CEE, e ao goberno do estado para que isto se solucione dunha vez, pero négase”.

Tamén acusa ao goberno central do PSOE de “lavarse as máns” en vez de “arbitrar mecanismos que marquen os custos de produción”. Desde o Bloque demandan “unidade de citerio e posición, o sector ten que ir en bloque”.

Xosé Luís Rivas pensa que “xaneiro traerá a unión forzada, porque se acaban os contratos”. Pediu ao goberno galego “que active a lei de recuperación de terras, xa que os gandeiros necesitan base territorial”. Achegou un dato. Hai 704 masas de concentracións parcelarias parada. E dixo:”Galicia necesita ter soberanía alimentaria”.

Audio -Entrevista a Xosé Luís Rivas- Minuto 70

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos