12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, recibido no concello de Reading

Esta semana o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, foi recibido por David Stevens, alcalde de Reading, no Condado de Berkshire (Inglaterra, Reino Unido).O alcalde de Dumbría fíxolle entrega dun exemplar do libro Códice Calixtino en los Caminos de Santiago, obra do artista Cándido Pazos. Trátase dunha adaptación contemporánea deste manuscrito do século XII no que se recollen os sete camiños nos seus tramos galegos.

Reading é un dos dous grandes puntos de encontro dos peregrinos que se dirixen cara terras compostelás a través do Camiño Inglés.Esta visita formaba parte da viaxe realizada esta semana a través da Deputación da Coruña para promocionar o Camiño a Fisterra Muxía e o Camiño Inglés na World Market Tourism London que tiña lugar na capital británica.

Despois de promocionar o Camiño no espazo disposto pola Deputación, , onde estivo tamén a Ministra de Turismo, Reyes Maroto, os deputados Pequeño e Leira estiveron na sede da Confraternity of Saint James, en Londres, devolvéndolles así a visita que fixeran a Olveiroa o pasado mes de setembro. Alí mantiveron unha xuntanza de traballo onde Pequeño promocionou o Camiño Fisterra Muxía e a figura do Vákner.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos