A Axencia Galega de Infraestruturas somete a información pública o proxecto de construción dunha senda peonil na AC-404 entre A Ponte e Santa Catalina, no concello de Santa Comba.
Recentemente, nunha xuntanza, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle, xa informou sobre os avances nesta a actuación á alcaldesa xalleira, María Pose.
A actuación prevista no proxecto comprende a creación dun itinerario peonil na marxe dereita da AC-4040, na contorna da Ponte a Santa Catalina (puntos quilométricos 1+880 e 2+330) coa finalidade de unir entre si as beirarrúas existentes nos treitos anterior e posterior e conseguir un treito continuo.
A senda peonil terá un ancho de 1,80 metros, unha lonxitude de 450 metros, e irá separada da calzada por un bordo de 22x18cm e unha gabia de seguridade de 1,20m. O investimento por parte da Xunta de Galicia ascende a 155.000 euros.