11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O concello de Mazaricos oponse ao parque eólico A Picota “que é unha aberración”

O concello de Mazaricos convocou unha xuntanza informativa sobre o proxecto de parque eólico “A Picota”. Será este mércores 10 de novembro ás 12 do mediodía na Casa da Cultura.

En declaracións a Radio Xallas, o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro, informou que o concello “facilitará aos veciños a posibilidade de presentar alegacións, porque é un parque moi complexo, metido con calzador. É unha aberración”.

Blanco ten claro que “hai que facer oposición porque este parque non está ben plantexado nin organizado e pasa por zonas de interese arqueolóxico, o Camiño de Santiago cúbreo de cheo e tamén pasa por zonas de produción gandeira moi intensa”.

O mandatario avoga por cambiar “a lexislación que está obsoleta”. Lembrou que por exemplo, se leva seis anos cun pulso xudicial co parque da Ruña II “que agora xa estña visto para sentenza”.

Entrevista ao alcalde de Mazaricos en Radio Xallas- Desde o minuto 35

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos