10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O delegado do Goberno, José Miñones, comproba as actuacións de renovación do alumeado exterior en Vimianzo

O Delegado do Goberno, José Miñones, e a Subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas, visitaron hoxe Vimianzo para comprobar o inicio das obras de substitución do alumeado exterior, un proxecto que ascende a 2,3 millóns de euros, grazas á subvención acadada co Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE). 

A entidade aportará o 80% do orzamento e o Concello o restante 20%, un total de 472.473,70 euros, para conseguir aforrar máis do 50 % na facturación deste servizo, implementando así a tecnoloxía LED en todas as luminarias. 

As novas instalacións serán máis eficientes e conseguirase, con isto, un menor impacto ambiental. Cabe destacar que estas luminarias empregan o 95% da enerxía da luz e tan só se desperdicia un 5% en calor, facéndoas máis duradeiras. 

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinala que con este “ambicioso proxecto queremos mellorar non só a facturación, tamén a imaxe e a seguridade viaria en todas as vías do noso municipio”.

Pola súa banda, o Delegado quixo destacar que “estamos hoxe en Vimianzo para transmitir a información das iniciativas e programas que a través do Programa de Recuperación se multiplican e é necesario que coñezades, para concellos de reto demográfico”, e agarda que se poidan aproveitar estas oportunidades “para incrementar o desenvolvemento do rural, algo no que cremos o cen por cen”, destacou. 

Renovación de máis de 4.000 puntos de luz

Logo das máis de 300 bombillas que xa se instalaron no núcleo urbano de Vimianzo, este proxecto implicará a renovación de máis de 4.000 puntos de luz nos 133 lugares do municipio. Realizarase unha intervención por fases ata completar os espazos nos que exista alumeado público. 

Fonte- Concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos