13.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Investigan o roubo dun tramo do valado perimetral da nova área canina da Laracha

A Policía Local da Laracha abriu unha investigación e solicita a colaboración cidadá para tratar de dar cos responsables do roubo duns trinta metros do valado perimetral da área de recreo canino producido durante a pasada noite. Os feitos tamén foron denunciados no posto da Garda Civil da Laracha.

O Concello valora nuns 1.500 euros os danos provocados nesta infraestrutura pública que desde a súa recente apertura está a rexistrar altas cifras de usuarios.

Precisamente para evitar o seu peche temporal, o Concello, como medida provisional e de urxencia, instalou un valado de obra que permite o uso do equipamento con plena garantía  de seguridade.

O Concello da Laracha lamenta profundamente este acto, tanto por perturbar a tranquilidade dos veciños do municipio como polo gasto que suporá a reparación para as arcas municipais, que non deixan de ser fondos públicos que non poderán destinarse a financiar outras obras ou servizos de interese xeral para a cidadanía.

Nota concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos