10.3 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

Paso adiante para evitar o deterioro do templo de Santa Baia de Chacín

O Concello de Mazaricos anunciou hoxe a adxudicación de dous dos proxectos ligados ao forte investimento en obras públicas que permite o remanente municipal, superior ao millón e medio (1,5) de euros. O primeiro destes proxectos comprende unha serie de obras en vías municipais de todo o concello, distribuídas pola  totalidade das doce parroquias que conforman Mazaricos. O segundo, as obras de limpeza e consolidación do templo de Santa Baia (Chacín). 

O investimento destinado ás obras en vías municipais, que comprenderán tanto reparación de pistas como acceso a núcleos poboacionais, será de aproximadamente 600.000 euros. Os traballos foron encargados a dúas empresas locais e darán comezo de forma inmediata, estendéndose durante os meses de novembro e decembro.

O alcalde, Juan Blanco, salienta que estas obras supoñen “un investimento moi necesario” e o feito de que vaian levarse a cabo no conxunto do municipio, incidindo “en todas as parroquias”. O rexedor lembra que este “esforzo en investimento” é necesario ante o grande volume de maquinaria agrícola e gandeira que usa estas vías. “Trátase de diminuir o impacto desta actividade económica e á vez permitir que se poida seguir desenvolvendo con normalidade”, explicou.

Un templo do século XVI

A intervención de limpeza da maleza para a consolidación das ruínas de Santa Baia tentará evitar o deterioro e pór en valor dende o punto de vista patrimonial e turístico este templo construído entre o século XVI e o XVIII. A igrexa de Santa Baia acolleu culto relixioso ata case o último cuarto do século XX, pero na actualidade atópase abandonada. O obxectivo do Concello é acondicionar a contorna para que sexa visitable por turistas e veciños, especialmente por atoparse alí soterrados familias e seres queridos da veciñanza do municipio. 

Fonte- Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos