6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O concello de Mazaricos estará presente no Xantar Ourense e no IV Fórum Fairway

O Concello de Mazaricos estará presente en dous importantes eventos turísticos que se celebrarán durante o mes de novembro. O venres 5 unha delegación do Concello viaxará ata a cidade de Ourense para participar no Xantar Ourense, a única feira internacional de turismo gastronómico acreditada en España e Portugal. Posteriormente, do 7 ao 9 de novembro Mazaricos contará con stand propio no IV Fórum do Camiño de Santiago Fair Way, que se celebrará en Santiago de Compostela.

En Ourense, Mazaricos volverá presumir de gastronomía a través dun showcooking de demostración do produto local, que terá lugar entre as 12h e as 14h no recinto de Expourense. Na última edición deste evento, ao que o Concello de Mazaricos ten acudido xa en anteriores ocasións, estiveron representados nove países e rexistráronse máis de 25.000 visitas. 

Por outra banda, no IV Fórum do Camiño de Santiago, Mazaricos contará cun stand propio. Será un dos poucos concellos galegos que contará con presenza propia e diferenciada neste evento.

Para o concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Jorge Sanmartín, esta presenza propia é consecuencia “do esforzo que levamos a cabo dende hai anos por dar a coñecer o noso concello como destino turístico”. Sanmartín sinala que “os froitos dese traballo vense no crecemento da oferta e demanda turística no noso municipio”. Neste evento, que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, o Concello de Mazaricos porá en valor as rutas e recursos turísticos -gastronómicos, paisaxísticos, patrimoniais e culturais- a través da marca Conoce Mazaricos distribuirá material publicitario dos distintos establecementos de restauración e aloxamento da localidade.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, que integrará a delegación de Mazaricos en Ourense un ano máis, salientou que Mazaricos está a consolidarse como un destino turístico por dereito propio e cunha oferta diversificada. Destacou que á fortaleza do Camiño de Santiago se suman recursos propios do Concello como a ruta das fervenzas e adiantou que a próxima Senda do Xallas, que unirá Zas, Mazaricos e Santa Comba, será unha referencia para o sendeirismo e o turismo familiar e de grupos en Galicia. 

Nota de prensa do concello de Mazaricos

Foto e Vídeo- Adiante TV

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos