7.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Martín Seco:»Os orzamentos da Xunta son unha oportunidade perdida para a Costa da Morte»

Para o deputado do PsdeG, Martín Seco García, os orzamentos da Xunta para a Costa da Morte son «unha oportunidade perdida”, cando se deberían orientar “a unha discriminación positiva para unha comarca que necesita un impulso económico”.

En declaracións ao programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas sinalou que hai concellos como Fisterra ou Camariñas con cantidades moi pequenas e “absolutamente nada para concellos como Vimianzo que vovlen a estar ausentes”.

“Cantos de serea do PP”

Pensa que o balance feito polo PP “é un canto de serea” e reitera que “A Costa da Morte vai a quedar sen inversións necesarias cando necesita un investimento potente para poñerse ao día”.

Martín Seco lamenta que incluso “non se executa aquelo que se promete” e califica de “enorme decepción” estas contas. Os socialistas están recollendo as peticións dos seus representantes nos concellos para presentar as oportunsas emendas.

Podcast entrevista a Martín Seco- desde minuto 67

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos