O deputado autonómico do BNG, Daniel Pérez, valorou os orzamentos 2022 da Xunta:“Estes orzamentos son unha auténtica decepción. Constatan que Bergantiños e a Costa da Morte non son zonas prioritarias para o goberno galego”,
En declaracións ao programa “Na Encrucillada” declarou:”Hai actuacións básicas e vitais para a zona que volven a non aparecer nos orzamentos ou están cunhas contías pírricas e non responden ás expectativas”.
Entrevista a Daniel Pérez desde o minuto 61
Puxo como exemplo a Vía de Alta Capacidade:”Hai 3,5 millóns para a VAC pero no 2021 eran 6 millóns de euros e non se executaron. É unha obra fundamental e non hai unha aposta clara”.
Engade que hai outros exemplo de “vergoña” como a circunvalación de Carballo ou o Polígono de Carballo, sen partidas suficientes. Ou o caso da seguridade do peirao de Malpica “un problema que se leva arrastrando desde fai anos. E non se desina nin un só euro”.
Daniel Pérez tildou de “papelón” as valoracións feitas polo deputado do PP, Rubén Lorenzo:”Ou o PP descoñece as necesidades ou non hai vontade política coa Costa da Morte.Que digan son orzamentos positivos para a Costa da Morte é algo pretencioso e case unha falta de respecto.”
Desde o BNG estenden as críticas os campos educativos e da sanidade por exemplo. Presentaron unha emenda total ás contas e emendas parciais, con distintas peticións para a zona.