Gonzalo Caballero desprazouse ata a Costa da Morte para manter encontros coa militancia socialista de Cee, Vimianzo e Camariñas.
Dende alí, reivindicou «a forza da militancia para seguir fortalecendo o proxecto socialista de Galicia» e dar así «unha alternativa de progreso para os galegos e as galegas».De feito, Gonzalo Caballero sinalou que «retirar a referencia política do PSdeG cada catro anos é o mellor regalo que se lle pode facer ao PP e ao BNG» en termos electorais.
Fronte a iso, agradeceu o «apoio crecente» que está recibindo da militancia a «un proxecto que ten como único obxectivo que o PSdeG siga avanzando».»A militancia sabe que non hai merlos brancos e que a única fórmula para gañar as eleccións é traballo, lealdade e esquerda», concluíu.
O PSdeG POSCOVID
Ao fío diso, Gonzalo Caballero avanzou que incorporará novos compañeiros e compañeiras nos órganos dunha dirección «renovada e reforzada» para o PSdeG poscovid.Como indicou, incluirá referentes do eido municipal e mesturará persoas con experiencia e aires novos, así como perfís con conexión coa sociedade civil.