O deputado autonómico do Partido Popular, Rubén Lorenzo, está convencido de que o orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2022 “ten moi presente á Costa da Morte e ós seus retos e necesidades”, cun investimento duns 21 millóns de euros.
“Destaca claramente a Vía de Alta Capacidade Baio-Berdoias cun investimento de 3,5 millóns de euros e que demostra o compromiso da Xunta con esta infraestrutura” declarou Lorenzo, que tamén valora as partidas para a mellora do saneamento en Cee e Corcubión (2,93m), o plan de xestión de inundacións do Río Anllóns con 870.000 euros; a mellora da rede de abastecemento da Laracha con 1,85 m, a Variante de Carballo, con 500.000 euros, ou os 450.000 euros para unha nova ampliación do polígono de Bértoa, en Carballo.
“Son os orzamentos do apoio as familias e ós sectores económicos, da baixada de impostos, e do reforzo do gasto social” afirma o deputado popular que tamén salienta os restantes fondos económicos que incidirán nos veciños da zona en materia, de sanidade, educación ou xustiza.