O ditame do Consello Consultivo avala unha decisión xudicial que afecta ao exalcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, que terá que devolver as nóminas que percibiu indebidamente.
“Era claro que unha persoa que está inhabilitada non pode exercer un cargo público” lembrou hoxe Carmen Suárez Fuentes nos micrófonos do programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.
Entrevista a Carmen Suárez
“A alcaldesa puxo trabas en todo momento”
Xustificou as accións xudiciais da súa compañeira Estrella Antelo e máis dela xa que “queríamos que se cumprira a legalidade, había informes, advertencias, pero este señor (en alusión a Alonso de León) acabou facendo da corrupción unha forma de vida”.
Agradeceu o apoio de moitas persoas e o traballo do abogado Sebastián Lorenzo Viejo e criticou o papel do goberno local de Camariñas:”Houbo un retraso por parte do concello, a alcaldesa puxo trabas en todo momento.Había informes de intervención e secretaría que dicían que había unha ilegalidade pero Sandra Insua (PSOE) pagou informes privados para defender ao acusado, ao seu compañeiro de partido”.
O papel da oposición de Camariñas
Suárez Fuentes aclarou que participaron no proceso “sen apoio nin respaldo de ningunhas siglas” e mandou un aviso tamén aos partidos da oposición de Camariñas:”Os partidos que están na oposición tamén teñen a responsabilidadede velar para que se cumpra a lei”.
Emprazou tanto ao PP coma ao BNG a que “se preocupen para onde van a ser destinados estes cartos” que se deben devolver. Particularmente Suárez e Antelo agardan que sexan para “axudar á xente que máis o necesita”