Un vehículo envorcou este sábado na autovía AG-55 no kilómetro 19 sentido A Coruña.Segundo informaron os Bombeiros de Carballo os ocupantes , unha muller e un menor, estaban fora do vehículo “sendo atendidos na ambulancia con feridas de carácter leve”.
Xunto co persoal sanitario e os bombeiros (que finalmente non tiveron que intervir) ata o lugar do accidente desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento da autoestrada. O accidente tivo lugar pasadas as 16h.
foto- Bomberos de Carballo