4.9 C
Santa Comba
miércoles, febrero 1, 2023

Gonzalo Caballero destaca as posibilidades do encaixe para o crecemento económico

O voceiro parlamentario do PSdeG pon en valor o encaixe como unha actividade que “dá posibilidades de futuro e crecemento económico” a toda unha bisbarra

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas xunto á alcaldesa, Sandra Ínsua, e á concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro.Dende alí, o voceiro socialista puxo en valor o encaixe como unha actividade “de referencia” que “dá posibilidades de futuro» á vila, así como «crecemento económico” aos municipios da contorna. 

“Trasladamos todo o apoio das e dos socialistas galegos para que a mostra continúe sendo unha referencia da artesanía e da tradición local”, subliñou Gonzalo Caballero. 

Neste senso, sinalou a importancia de que esta tradición continúe no tempo, xa que “é un xeito de construír país” e amosou “o noso compromiso coa cultura galega e cunha tradición cun enorme arraigo” que é recoñecida nacional e internacionalmente.

Por último, Gonzalo Caballero trasladou os seus parabéns á organización e ás palilleiras no ano no que cumpren trinta edicións celebrando a mostra. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
767SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos