O concelleiro Daniel García Cotelo explicou este venres, no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas o seu abandono do PP, despois de que as outras dúas concelleiras do grupo “presentaran un escrito para cambiar de portavoz”.
Entrevista con Daniel García – desde o minuto 31
«O das miñas ex compañeiras é sangrante»
Indicou que contactou coa dirección provincial do partido “e dixéronme que xa o sabían polo que xa non había máis que falar. Non poden bailarche a silla por detrás”.
Cotelo expresou a súa “decepción” pola forma e polo fondo do asunto:”Non se pode adoptar unha decisión unilateral sen unha reunión previa”.
Responsabilizou tanto á dirección provincial como as dúas ex compañeiras:”Son cómplices e están no mesmo barco aínda que o das excompañeiras é sangrante”.
Intención de volver a presentarse
Daniel García manterá a súa presenza na corporación local como edil non adscrito e xa advertiu aos popular:”Acabouse a lealdade, conmigo que non conten para nada”.
Tamén afirmou seguir “con máis ganas” e amosouse con vontade de volver a concorrer nos vindeiros comicios municipais:“Ponteceso non lle interesa nin o PSOE nin ó PP. Haberá que buscar algo que interese ós veciños de Ponteceso”.