O alcalde de Muxía asegurou que conta cunha “oposición demagóxica rastreira” e personalizou na portavoz do PP, Sandra Vilela, polas críticas lanzadas nas últimas datas con petición de dimisión incluida.
“Toda a documentación que ofrecemos está certificada. Todos os pasos que demos están avalados pola Xunta e pola empresa especializada” aclarou o mandatario.
Entrevista en Radio Xallas a partir do minuto 31
Sobre as afirmacións de Vilela pensa que provoca “crispación” pero tamén rexeitamento cara ela tanto nas redes sociais como nas rúas.“Non sei que información se pode ocultar aquí. E absurdo pensar que alguén pode poñer en risco a saúde dun pobo por ocultar non sei o qué.Non podo asegurar se houbo un fallo no clorador ou un fallo humano porque non teño esas probas. Nin as ten nadie” asegurou Toba.
Lamentou que o PP local “acuse sen probas” e convidou a súa portavoz a certificar con datos as súas manifestacións:”Se ten algunha proba que a ensine xa. Que demostre que o equipo encargado non revisou o cloro”.
“Sabemos as bacterias que había porque o dixo un certificado.Actuouse con transparencia. Fomos relatando todo o proceso” aclarou o mandatario que indicou que seguían investigando pero que non se pode, de momento, afirmar algo rotundo:” Que teña o cloro baixo non significa que alguén pasar de todo e nos olvidáramos de poñer o cloro. Está claro que algo pasou, pero non o sabemos”.