11.5 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Acusan ao alcalde de Muxía de crear unha “falsa seguridade” na problemática da auga e piden explicacións

“En Muxía a xente non sabía si podía darlle de beber aos seus fillos, si podían ou non consumir a auga que chegaba ás súas casas, pero ao alcalde o único que lle importaba é estar a aplaudir ao seu xefe”. Así de contundente se amosou a portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, nun comunicado no que  responsabilizou de crear unha sensación de “falsa seguridade” entre a poboación “ao dar por feito que a auga da traída municipal cumpría todos os requisitos para poder consumirse cando aínda non se tiñan as análises definitivas sobre o estado da mesma”.

Os populares critican as presas de Iago Toba en “dar carpetazo a unha crise que provocou a intoxicación de máis de 200 veciños de Muxía” e denuncian que “o alcalde deu luz verde ao consumo da auga sen saber os motivos reais de por que estaba mal e, o que é peor, sen saber si se podía consumir ou non con toda seguridade”.

Segundo Vilela “houbo moitos veciños que se atoparon coa auga outra vez nas súas casas sen saber se se podía ou non consumir porque non había resultados definitivos e co risco que iso supuxo para a súa saúde”.

Tamén reprochan un intento de desviar a atención:“Falouse dunha vertedura de xurro que quedou descartada nas análises, para logo confirmar que o fallo se atopaba no proceso de clorado da auga”.

Critian que o mandatario se queira converter  nunha “vítima de toda esta crise só por facer o seu traballo”. Neste sentido desde o PP manifestan:“Só faltaba que, coa xente intoxicándose, o alcalde seguise de cafés como fai en moitas ocasións. Aquí as únicas vítimas son os veciños de Muxía aos que o Goberno Local puxo en perigo cun servizo que é de competencia municipal”.

Sandra Vilela lamentou que  “mentres os hostaleiros,  que alguén terá que compensar pola súa perdidas económicas, vían seriamente afectados os seus negocios, o señor Toba estaba en Cee nun acto do PSOE”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos