Nota de prensa do concello de Muxía sobre o abastacemento de auga.
O Concello de Muxía restableceu nas últimas horas o abastecemento municipal de auga tras certificar que os análises cumplen cos parámetros normais de consumo.Os últimos resultados dos análises feitos pola empresa especializada BIOCONTROL Y CALIDAD ALIMENTARIA S.L, contratada polo Concello de Muxía e autorizada pola Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade), confirman que a auga do abastecemento municipal muxián cumple os parámetros normais de consumo. Polo tanto, dase por finalizada a problemática dos últimos días despois da actuación realizada o venres.
Nos vindeiros días seguiranse realizando análises completos das augas para un maior control post-brote.Non se sabe con certeza a orixe do incidente pero a teoría que colle forza tras os resultados e os datos certificados obtidos é que no sistema de captación de auga (ETAP OS MUIÑOS) se albergaron dous tipos de bacterias (Escherichia coli e Clostridium perfringens) dun posible vertido, que son causantes de molestias gástricas compatibles cos síntomas que moitos usuarios padeceron nestes dias.
Este feito, sumado a unha posible alteración do sistema de clorado que non dou contrarrestado a aparición de bacterias puido ser o causante da grave problemática. Aínda así, non se pode asegurar que todos os casos de afectados sexan vinculados co sistema de abastecemento de auga, polo que tamén se contempla a posibilidade de que exista dous focos paralelos:
Un, o maioritario, vinculado ao consumo de auga da rede municipal de orixe bacteriano.Outro, de menos casos, vírico que afecta a diferentes poboacións da provincia e que nada ten que ver con esta problemática.
Sexa cal sexa a causa, desde o Concello de Muxía traballouse en todo momento por solucionar o problema que os análises detectaron, coa maior celeridade e coa maior seguridade posible, activando os protocolos que existen para estos casos e informando a Consellería de Sanidade e a poboación muxiana en todo o momento e en tempo real.
O informe completo da empresa e do Concello de Muxía, composto de toda a documentación obtida do proceso, está en mans da Xunta de Galicia tal e como esixe o protocolo, para completar e analizar pola súa parte o expediente.
Desde o Concello queremos agradecer a colaboración recibida do departamento de calidade ambiental durante o proceso.
Por último, lamentamos profundamente o acontecido e desexamos a pronta recuperación das persoas que poidan seguir a día de hoxe con problemas gástricos.