Difundimos o comunicado emitido polo alcalde de Muxía, Iago Toba.
Despois do acontecido nos últimos días, tendo coñecemento da gran cantidade de afectados por problemas gastrointestinais, procedeuse, como ben sabedes, a multiples analisis profundos da auga da traida municipal dando nun principio valores normais ata que se coñecesen os resultados de outros parámetros mais complicados e lentos de descubrir.
Aínda non pasadas esas horas, a empresa, en permanente comunicación co goberno, comunícanos fai escasos minutos, da APARICIÓN DE BACTERIAS NA AUGA nuns valores non axeitados para o consumo directo da auga pero si para a súa utilizacion no aseo personal e similares, sen coñecer a súa orixe nestos momentos.
DECISIÓNS TOMADAS POR MAIOR SEGURIDADE ANTE OS FEITOS, e aínda non tendo os resultados definitivos
âœ”ï¸ Decido, comunicar aos veciños e veciñas que â›”ï¸ QUEDA PROHIBIDO O CONSUMO DE AUGA DO ABASTECEMENTO MUNICIPALâ›”ï¸
✔ï¸Decido, ordenar ao equipo municipal, baixo a supervisión da empresa especializada en estos eidos, o VACIADO DE TODOS OS DEPÓSITOS, LIMPEZA E DESINFECCIÓN cos protocolos que marcan estes procesos.
✔ï¸Comunicar, como foi unha constante nos ultimos días, todos os datos e procedementos mediante documentación certificada a CONSELLERIA DE SANIDADE, valorando e avalando estes positivamente todas as decisións que se están a tomar.
âœ”ï¸ CORTAR, sabendo das molestias que poida ocasionar, O ABASTECEMENTO DE AUGA ATA QUE SE REMATE CON TODO O PROCESO DE LIMPEZA E QUE TEÑAMOS VALORES ÓPTIMOS PARA O CONSUMO.
🟩 ANTE AS MOLESTIAS QUE POIDA OCASIONAR, PREVALECE A SAÚDE DOS VECIÑOS e VECIÑAS DE MUXÍA 🟩
Nestos momentos, estamos xestionando con diferentes empresas o abastecemento de auga embotellada para garantir a veciñanza o seu consumo, que ANUNCIAREMOS CANDO E COMO O FAREMOS PARA XESTIONALO nas próximas horas.
Lamentamos profundamente todas as molestias ocasionadas, pero en certos momentos HAI QUE TOMAR DECISIÓNS DRÁSTICAS E DOLOROSAS, pero antes está a SAÚDE.
Iago Toba Campaña.
Alcalde de Muxía.