O BNG presentou unha emenda á moción do Partido Popular referida á creación dun Centro Integral de Saúde comarcal en Carballo.
O BNG pide que a Xunta inclúa a construción dun novo centro de saúde no municipio. Tamén que se volva “a dotar o centro de saúde de Carballo dos servizos de cirurxía e xinecoloxía eliminados, así coma das especialidades de medicina interna, otorrinolaringoloxía, dermatoloxía e cardioloxía, ademais de incrementar a carteira de especialidades para evitar desprazamentos á veciñanza e contribuír deste xeito a reducir os niveis de masificación dos centros de especialidades de referencia na cidade da Coruña”.
Os nacionalistas desconfían que “detrás deste cambio de nome do centro de saúde agóchase un avance aínda maior na precarización da sanidade pública e na atención primaria”.
O asunto debaterase no pleno carballés o vindeiro 27 de setembro.