O Concello de Vimianzo presentou esta mañá a programacioÌn de artes esceÌnicas dos saÌbados de outubro a decembro no Auditorio da Casa da Cultura, que estará destinada a puÌblico adulto.
Nesta programacioÌn de outono o Concello achega a Vimianzo un total de 11 espectaÌculos, cofinanciados pola Rede Cultural da DeputacioÌn da Coruña e pola Rede Galega de Teatros e Auditorios Agadic da Xunta de Galicia.
Unha vez maÌis achegaranse a Vimianzo figuras da talla de David Amor, Susana Dans,Evaristo Calvo, Patricia VaÌzquez, Miguel Pernas,Toño Casais, Tamara Canosa , Artur Trillo e moitas outras figuras de referencia no teatro galego .
Dirixen estes espectaÌculos grandes nomes da Escena Galega como Candido PazoÌ, Quico Cadaval, Eduardo Alonso ou GonÇalo Guerreiro. A programacioÌn arrincará o 2 de outubro, co espectaÌculo teatral Soga e Cinsa a cargo de AporiÌa EsceÌnica.
SOGA E CINSA, triÌptico renacentista para 11 bruxas en 101min, aborda a Caza de bruxas en Europa nos seÌculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a suÌa perversa conexioÌn co desenvolvemento do sistema capitalista. Horror, humor, reflexioÌn, plasticidade e emocioÌn son as apoÌcemas principais deste conxuro teatral. Un equipo artiÌstico soÌlido formado por un elenco de once actrices, tres delas bailarinas, cunha longa traxectoria, implicacioÌn e calidade interpretativa.Numerosos son os aspectos que fan de SOGA E CINSA unha peza coa suÌa propia singularidade, valor artiÌstico e relevancia no panorama galego, nacional e internacional.
O diÌa 9 de outubro TaliÌa Teatro leva a escena A paraÌbola do angazo, unha comedia dirixida por Diego Rey e protagonizada por Artur Trillo e Toño Casais,na que os dous inteÌrpretes faraÌn unha viaxe pola historia da nosa lingua, a traveÌs dun diaÌlogo fluiÌdo e cargado de humor, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente. Seguindo a liña iniciada en Bicos con lingua e Pelos na lingua volveraÌ demostrarnos con esta nova proposta aÌxil e versaÌtil, que a nosa lingua resistiu e resiste toda situacioÌn adversa.
O 16 de outubro seraÌ a quenda da compañiÌa Elefante Elegante co espectaÌculo Dreaming Juliet inspirado na peza «Romeo e Xulieta» de W. Shakespeare para abordar a cuestioÌn maÌis esencial da existencia humana: o amor, a paixoÌn, a familia e a maternidade son os temas intriÌnsecos da obra e o teatro fiÌsico e visual a ferramenta da creacioÌn. A peza do dramaturgo ingleÌs eÌ un referente universal porque os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final. Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta caso non tivesen morrido. Que aconteceriÌa ao seu profundo amor se acabasen formando familia e tivesen que enfentar a rutina de toÌdolos diÌas?
O diÌa 23 de outubro seraÌ a quenda de Quico Cadaval que conta… Complexo de Edipo, un relato miÌtico que xa escoitaron oito mil colombianos e tameÌn tres mil setecentos africanos dos que tres mil eran canarios e no que o coÌmico de seguro arrancaraÌ risas do puÌblico.
ContraproducioÌns recoñecida como unha das CompañiÌas maÌis consolidadas de Galicia, acheÌganos a Vimianzo o 30 de outubro,Cigarreiras, unha gran producioÌn con tres grandes importantes empresas teatrais do estado e na que comparten escena sete recoñecidas actrices: Susana Dans, Ledicia Sola, Ana Santos, Isabel Naveira, Tamara Canosa, Covadonga Berdiñas e Merce castro.
O Concello de Vimianzo acolle esta montaxe para conmemorar o centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo BazaÌn e na que a compañiÌa presenta unha relectura dunha das obras maÌis interesantes da autora: A Tribuna. A muller, o amor e os prexuiÌzos de clase son os temas entorno ao que xiraraÌn esta relectura, facendo fincapeÌ no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da FaÌbrica de Tabacos da Coruña. E todo isto con un transfondo poliÌtico onde se asiste ao ocaso dos BorboÌns e aÌ atribiulada proclamacioÌn da I RepuÌblica.
O 6 de novembro, Teatro da Ramboia, representa o espectaÌculo O meu mundo non eÌ deste reino, eÌ unha adaptacioÌn da «Farsa de BululuÌ» de Manuel MariÌa, unha parodia da ditadura franquista. A recuperacioÌn do tiÌtulo orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu diÌa. Hoxe, encabeza o espectaÌculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse. O Concello de Vimianzo colaborou coa Casa-Museo Manuel MariÌa no certame Manuel MariÌa de proxectos teatrais e o espectaÌculo gañador foi O meu mundo non eÌ deste reino.
O 13 de novembro, seraÌ a quenda para a compañiÌa Teatro do Noroeste coa comedia de profundo contido social Gloria Nacional . O espectaÌculo acheÌganos a unha reflexioÌn sobre o mundo da arte e a suÌa influenza na sociedade e na poliÌtica. Escrita e dirixiÌda por Eduardo Alonso, Gloria Nacional conta con Luma GoÌmez, Miguel Pernas e Manuela Varela.
No mes de novembro destaca o espectaÌculo Costureiras da compañiÌa Tarabela Creativa dentro da programacioÌn especial para conmemorar o DiÌa Internacional Contra a Violencia de XeÌnero. As “costureiras” AÌngeles GoaÌs e Caxoto DiÌaz recrearaÌn o quefacer das costureiras a traveÌs da narracioÌn oral, fiando unhas historias con outras. A vida das costureiras era a vida de mulleres en casas alleas mentres levaban a cabo a suÌa laboura. Era a vida nos camiños dunha casa aÌ outra. Enriba das suÌas cabezas carregaban a maÌquina de coser e debaixo da maÌquina; mil cousas que pensar… mil cousas que contar.
Pecha o mes de novembro, o saÌbado 27, o coñecido coÌmico e actor David Amor e nesta ocasioÌn presenta en Vimianzo Love estaÌ en el aire ,diversioÌn garantizada no auditorio vimianceÌs.
O diÌa 4 de decembro a compañiÌa Xa universos de momentos achega a Vimianzo o proxecto artiÌstico de danza dirixiÌdo por XiaÌn MartiÌnez Pioneras. Esta peza eÌ a homenaxe aÌs pioneiras, aÌs que empezaron a loita pola igualdade e acompaña aÌs que continuÌan na loita e conmemora aÌs que non tiveron a oportunidade de vencer. “The power of women” vai ser interpretada por un equipo de nove magniÌficas bailarinas e entre elas 3 galegas. De maneira transversal nesa semana a compañiÌa desenvolveraÌ actividades especiÌficas para achegar o mundo da danza aos escolares e a toda a veciñanza.
Pecha a programacioÌn de outono o 11 de decembro coa compañiÌa ProducioÌns TeatraÌis ExceÌntricas que nos achega a Vimianzo a suÌa uÌltima montaxe Estrela do DiÌa,unha comedia divina, chea de cor, de muÌsica, de misterio e de humor. A palabra poeÌtica dos coÌdices foxe do libro e encaÌrnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos diÌas da man e do talento de Evaristo Calvo, RociÌo GonzaÌlez, Victor Mosqueira e Patricia VaÌzquez.
As representacioÌns deste outono cultural ,destinadas a adultos seraÌn os saÌbados aÌs 20:30h.e a billeteira abre unha hora antes do inicio do espectaÌculo.
Nesta tempada como novidade a venda anticipada seraÌ a traveÌs de www.woutick.es (gastos de xestioÌn incluiÌdos) ou na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9 a 14 horas.
EstaraÌ aÌ venda na Casa da Cultura un bono para os 10 espectaÌculos (non incluÌe espectaÌculo de David Amor) por 37,50€ e haberaÌ descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados.
O prezo da entrada é de 5 euros (reducida 2,50 euros). O espectáculo de David Amor ten un prezo de 10 euros (venda en www.ataquilla.com). Para o acceso ao auditorio deberá cumprirse o itinerario seguro e a obrigatoriedade de máscara sanitaria.
O público infantil e familiar tamén terá o seu oco na programación Outono rebuldeiro, que se presentará nos vindeiros días.