O grupo municipal do Partido Popular de Carballo, a través do seu deputado autonómico, Rubén Lorenzo, levará ao próximo pleno local unha moción pola cal os populares instan o executivo local a que solicite á Xunta de Galicia a posta en marcha da remodelación integral e a ampliación do actual centro de saúde do municipio para convertelo nun Centro Integral de Saúde que dea servizo a toda a comarca de Bergantiños.
Desde o grupo do Partido Popular de Carballo consideran que a comarca de Bergantiños cumpre cos requisitos para contar tameÌn cun Centro Integral de SauÌde igual que o que se está a construir en Lalín para dar servicio á comarca do Deza, pois traÌtase dunha zona con maÌis de 60.000 habitantes e cuxa capital estaÌ a unha distancia de arredor de media hora en coche do hospital de referencia o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
Na actualidade, como capital da comarca de Bergantiños, o concello de Carballo conta cunha atencioÌn primaria na que estaÌn incorporadas todas as actividades da carteira de servizos co que conta este nivel asistencial, tanto en atencioÌn primaria como en servizos de atencioÌn especializada (cirurxiÌa xeral e dixestiva, xinecoloxiÌa, oftalmoloxiÌa, radiodiagnoÌstico, reumatoloxiÌa, traumatoloxiÌa e unidade de sauÌde mental), asiÌ como cun Punto de AtencioÌn Continuada.
“O actual inmoble ocupado polo centro de sauÌde de Carballo atoÌpase en boas condicioÌns, polo que consideramos que a creacioÌn dun centro integral de sauÌde nesta vila para toda a comarca de Bergantiños, non requiriÌa a construcioÌn dun novo edificio”, dixo Lorenzo, quen incidiu en que apostar por efectuar unha reforma integral e ampliacioÌn do existente permitiría “potenciar a suÌa capacidade resolutiva e dar cabida aÌ incorporacioÌn dun maior nuÌmero de servizos e pacientes”.
Compromiso autonómico
Nesta línea, o popular subliñou que a mellora constante dos servizos sanitarios para prestar unha atencioÌn de calidade eÌ un dos principios fundamentais do Servizo Galego de SauÌde. “En Galicia xa se estaÌn a construiÌr novas infraestruturas sanitarias mais amplas e humanizadas”, explicou Lorenzo, quen apuntou que Carballo non pode quedar fora do novo escenario de transformacioÌn e consolidacioÌn dun novo modelo de atencioÌn primaria maÌis proactivo e con maior vocacioÌn comunitaria.
Por outra banda, os populares tamén aproveitaron para presentar outra moción na que reclaman ao Goberno Central a facilitar unha mellor cobertura do persoal médico na atención primaria a través, dixo Lorenzo, entre outras cousas, dunha convocatoria extraordinaria de prazas MIR que permita incorporar mais profesionais
Nota de prensa- PP DE CARBALLO
“