Foto-Víctor Hugo-archivo
Abanca pechou oficinas en Baíñas-Vimianzo, Zas e A Baña. O Banco Sabadell anuncia que deixar Camariñas e Cee. A alcaldesa de Camariñas ordeou retirar os depósitos que tiña nesta entidade.
Pola súa banda a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela vai na mesma liña:»Non ten sentido manter os cartos do Concello nunha entidade que non teña oficina aberta no término municipal de Cee».Reclama “unha atención presencial” para os veciños de Cee e da comarca.
Taxa polos caixeiros automáticos
Asemade anuncia que, tendo en conta que a Lei de Facendas Locais permite aos Concellos establecer taxas pola utilización con fines privados o aproveitamento do espazo público, pois vaise “a proceder a elaborar unha ordenanza municipal, para o seu estudio na comisión correspondente, que obrigue as entidades bancarias que só dispoñan de caixeiro, sen atención presencial, ao pago dunha taxa cando dito caixeiro esté situado na línea da fachada dos inmobles e os usuarios necesitan ocupar a vía pública para o seu uso”.
Lamela tamén ordeou “a retirada dos fondos municipais do Banco Sabadell e a súa transferencia a entidades con oficinas abertas en Cee”.