6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Máis reaccións ao peche de sucursais bancarias no rural

O BNG presenta iniciativas no Congreso// O concello da Baña retira os depósitos de Abanca e o de Camariñas fai o mesmo co Banco Sabadell//

O peche de oficinas bancarias na zona seguen provocando reaccións. Fai uns días era o concello de Vimianzo o que decidía retirar os fondos depositados en Abanca en protesta polo peche da sucursal de Baíñas.Hoxe é o concello da Baña o que facía o mesmo polo peche da entidade que estaba ubicada en San Vicenzo.

Retirada de fondos do Sabadell en Camariñas

E tamén Camariñas. Ante o inminente peche da oficina do Banco Sabadell, a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, deu hoxe a orde de retirar os fondos do Concello da conta corrente do banco Sabadell.

Insua denunciou que «os atentados contra o noso rural non son exclusivos dunha entidade, e que non podemos seguir tendo os cartos de todas e todos en entidades que non respetan a vontade popular».

E tamén neste día, o deputado do BNG, Néstor Rego, presentaba  varias iniciativas na cámara baixa “para que o Goberno do Estado estabeleza unha nova regulación no sector bancario que poña fin ao proceso de concentración bancaria e ao fechamento de oficinas no rural”.Acompañou a Rego, o alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín.

Néstor Rego lembrou que nos últimos cinco anos pecharon “máis de 100 oficinas bancarias na Galiza, particularmente en concellos rurais”. Muíño denunciou a ausencia de resposta do goberno da Xunta:“Para o Goberno galego parece que non é un problema, mais o que se está facendo é excluír duns servizos imprescindíbeis unha porcentaxe elevada de poboación”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos