O portavoz do PSOE en Mazaricos amosouse moi crítico coa xestión do goberno local por que entre outras cousas, non atendeu as prioridades básicas: Plan Xeral, Polígono Industrial, Centro de Día e abastacemento de auga.“Un balance moi negativo.Non hai un proxecto claro. Está facendo o que lle criticaba ao goberno anterior.Non foron quén de manter o que tiñamos. Non hai un plan de infraestruturas. O concello nunca tan paralizado estivo” sinalou Francisco Javier González Trillo.
Desde o minuto 63 a entrevista en Radio Xallas
“Non cumpriu coas promesas”
O dirixente socialistas mantén que “O Centro de Día é viable, prioritario, e hai distintas maneiras de xestiona-lo”. Tamén reprocha as “incongruencias” do alcalde:“Dixo que ía a estar oito anos e agora quere botar 12. Dixo que non ia a ter teniente alcalde e ten a unha persoa que está cobrando 30.000 euros”.
González confirma que vai a volver a presentarse ás eleccións municipais e repróchalle a Juan Blanco:“Non qere ter diálogo. Se lle fago unha crítica, enfádase”.
Sobre o turismo afirma:“Venden todos os días o turismo pero o Camiño de Santiago xa pasaba por aquí antes de que fora alcalde. De momento non fixo nada polo turismo. Os albergues que hai son privados.Prometeu a variante a Picota e non fixo nada.”
O portavoz socialista recimínalle ao mandatario nacionalista o incumprimento das súas promesas:”Entendo que non é un bo alcalde. Creo que hai un desencanto xeral”.