O Concello de Vimianzo, a través da súa alcaldesa, Mónica Rodríguez, decidiu de xeito unívoco retirar os fondos do depósito de crédito da entidade Abanca e repartirá a cantidade entre o resto das sucursais da zona.
Esta situación é derivada da problemática do peche da oficina de Baíñas, e en verbas da propia alcaldesa, “non sería consecuente seguir contando cos servizos de Abanca logo do abandono desta entidade co noso rural e do resto de Galicia”, afirmou.
A rexedora comunicoulle esta decisión ao resto de grupos da oposición o venres, nunha Xunta de Portavoces, onde recibiu o apoio unánime de todas as forzas que integran a corporación.
“O obxectivo do traspaso dos cartos do Concello de Vimianzo ao resto de entidades é, nin máis nin menos, o resultado dunha total denigración para coa nosa veciñanza. O trato de Abanca cos veciños e veciñas de Baíñas foi absolutamente reprobable, e por iso cremos que a mellor opción é non volver a contar cos seus servizos”, sentenciou Rodríguez.
Nota- Concello de Vimianzo