5.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Encontro interinstitucional para apoiar o Camiño Fisterra-Muxía

A Capital de Galicia acolleu o encontro interinstitucional “para aunar esforzos e mostrar o compromiso das Administracións públicas na colaboración para a promoción e o impulso do Camiño de Fisterra e Muxía no Xacobeo 2021-2022”.

Na xuntanza participaron Gumersindo Guinarte, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, José Manuel Pequeño, e a presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez e o vogal José Marcote, así coma o equipo da Secretaría Técnica da CMAT composto por Marta Rodríguez e Manuel Carneiro e do gabinete de comunicación, Irene González.

«O encontro serviu para fomentar e intensificar a relación e os lazos de colaboración entre a CMAT, entidade que xestiona a promoción do xeodestino Costa da Morte, e as entidades involucradas na promoción turística no eido local, provincial e autonómico» sinalou a presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez.

No mesmo lugar tamén se presentou a campaña “O Camiño Continúa”. Despois do encontro desenvolvido no Pazo de Raxoi, os representantes institucionais acompañaron ata a Praza do Obradoiro  aos cinco bloggers que xa percorren a prolongación xacobeapara difundir a mesma.Son Bo Saldaña, de El mundo ok; Leticia Pérez, de Trucos viajeros; Eva Abal, de Una idea un viaje; Dani Keral, de Un viaje creativo; e Alberto Ribas, de Al vientooo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos