9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Dúas persoas feridas nun accidente na Ponte do Porto

Información-AXEGA 112

Ao fío das tres e media desta madrugada, o 112 Galicia era informado doutro accidente ao seu paso por Camariñas, en concreto, na Ponte do Porto, á altura do número 8 da Rúa Gándara, no Paseo Marítimo.

Segundo indicaba o alertante que chamou ao 112 para pedir axuda, un coche saírase da vía e batera contra os bancos do Paseo Marítimo. Aseguraba que un dos ocupantes pedía auxilio.

Con estes datos, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivaron unha ambulancia cara o punto. Do mesmo xeito, informaron á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Cee e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os Bombeiros confirmaron que dúas persoas resultaran feridas, unha delas de consideración, que foi trasladada polos equipos sanitarios ata o Hospital Xunqueira.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos