Mónica Vilela desvelou en Radio Xallas que xunto co tamén concelleiro non adscrito, Manuel Caramés, teñen denunciado diante da Garda Civil e da Policía “insultos e amezas” que recibiu a concelleira “tanto nas redes sociais como por teléfono”.
Vilela afirmou no programa “Na Encrucillada”:“Non vou a permitir que ninguén me coaccione, nin o meu voto nin a miña forma de pensar. Están buscando que collamos medo e que digamos todo que sí ao que diga o Señor Toba. O que está vivindo agora a oposición en Muxía é unha verdadeira ditadura”.
Escoita estas declaracións neste vídeo de Adiante TV
Para Vilela Vilela “o señor alcalde é o que está provocando semellante nivel de crispación” xa que “non permite que lle digan que non. É capaz de calquera cousa”.
Afirma que hai “comentarios denigrantes” e está sendo obxecto de coacción “persoal e política”. Tamén criticou a “nota política” difundida pola comisión de festas da Barca:”Púxosenos un pobo encima. Están xogando co sentimento da xente”.
Escoita a entrevista completa desde o minuto 31
A concelleira non adscrita deixa claro que non vai a deixar a súa acta e reprochou a Iago Toba a falta de xestión no concello e ,por exemplo, a carencia duns orzamentos “que son moi necesarios”. Tamén aludiu ao talante autocrático do rexedor.