Info AXEGA 112
Malia ser rescatado con vida, desafortunadamente, o home que foi rescatado por un helicóptero de Salvamento tras ferirse cun arpón , nunha zona rochosa próxima a Punta Nariga, en Malpica faleceu cando a aeronave o trasladaba ata o Aeroporto da Coruña, onde o agardaba unha ambulancia para ser trasladado ao Hospital Clínico Universitario da Coruña.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 09:00 horas, a través da chamada dos axentes da Garda Civil que informaban dunha persoa caída nas rochas, nunha zona de difícil acceso, en Punta Nariga, na zona do Faro, en Malpica de Bergantiños.
Foi a partir de aí, cando se puxo en marcha un operativo no que interviñeron ademais dos servizos sanitarios de urxencia e do persoal do Servizo de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, os Bombeiros de Bergantiños, a Garda Civil, a Policía Local e os membros do GES de Ponteceso e de Protección Civil da localidade.
Foto-Bombeiros de Carballo