A modificación de crédito proposta polo goberno local duns 400.000 euros foi rexeitada por PP e non adscritos que sacaron adiante unha emenda na que se recollen investimentos por valor de 153.885 euros. Entre estas partidas destacan 112.170 euros para a Escola Infantil e 27.500 euros para melloras no campo de fútbol.
Entrevista a Iago Toba- a partir do minuto 29
Iago Toba criticou o “bloqueo constante” que exercen os concelleiros non adscritos e “o que queda do PP de Muxía” que segundo el volveron a “unirse para restar” e tentar desgastar ao goberno local:”A veciñanza é a que paga esa unión antinatura do PP e os non adscritos”.
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas lamentou que se rexeitaran propostas que afectan ao subministro de auga ou as festas da Barca:”Nunca na historia se tocou a romaría da Barca. E tiraron abaixo a financiación”. A comisión de festas emitiu un comunicado ao respecto.
«Estratrexias escuras do PP»
O alcalde ten claro que “as estratexias escuras do PP” para “obstaculizar todo” van e continuar durante o que resta de mandato, pero advertiu:“Imos seguir traballando coa mesma ilusión. Tiraremos para adiante co que sexa”.
Acusou aos concelleiros non adscritos de “ter retida á cidadanía”, sinalando a dúas concelleiras que non participan na política pero en cambio tampouco deixan as súas actas:”Unha concelleira leva un ano e medio sen asistir a nada e sen deixar a súa acta e outra non contesta nin os correos nis os wassaps”.Para Toba Campaña se renunciaran a “normalidade política” volvería a Muxía:”É indigno o uso torticeiro que fan das dúas actas”.