15.4 C
Santa Comba
jueves, junio 30, 2022

A comisión de festas da Barca anuncia a suspensión da programación polo acontecido no pleno de Muxía

Publicamos a nota de prensa íntegra

A Comisión de Festas da Barca anuncia a suspensión da programación ante a “falta de respecto institucional” acontecida onte no Pleno da Corporación por parte de 5 concelleiros e concelleiras dos grupos de oposición. 

Os principais responsables da organización desta centenaria Romaría xuntáronse esta tarde para valorar a situación logo dunha falta de “lealdade” por parte do Partido Popular e os concelleiros non adscritos Manuel Caramés e Mónica Vilela. Os integrantes da mesma queren recalcar que “todos os actos estaban programados e plantexados en base ao recollido no Diario Oficial de Galicia do 25 de xullo”, ao que fixo alusión a concelleira non adscrita Mónica Vilela.

“É a primeira vez na historia por motivos estritamente non sanitarios que non poderemos conmemorar a Romaría da Virxe da Barca, unha festividade que lle pertence a todas e todos os muxiáns, e tamén a xente de fóra das nosas fronteiras”, aportaban. 

Os representantes políticos populares e non adscritos protexíanse nunha argumentación baseada no “meramente sanitario” e proclamando que “é unha irresponsabilidade organizar actos conmemorativos estando Muxía en nivel alto”. Cabe destacar que noutros municipios da contorna, estando no mesmo nivel sanitario, si tiveron lugar celebracións e conmemoracións “similares” ás que se pretendían estes días na Barca.

A resposta dos representantes da Comisión foi tallante a este respecto: “estamos en constante comunicación tanto co Concello como cos responsables sanitarios”, argumentando que “é unha absoluta calumnia designarnos como xente irresponsable. Nós tamén temos familia e somos os primeiros preocupados na saúde da nosa veciñanza”, quixeron destacar, á vez que sinalaron que “a Barca non ten color político”.

“O único que queriamos, de igual xeito que o ano pasado, é poder lembrar con entusiasmo e morriña unha Barca que agardamos, estea máis preto de voltar, máis este desexo foinos arrincado de súpeto”, subliñan desde a organización, reiterando as “desculpas” a todo o pobo de Muxía. 

Sobre esta cuestión falaba hoxe NA ENCRUCILLADA o alcalde de Muxía- Desde o minuto 29

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
459SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos