10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Camariñas opta a unha Casa do Maior

– Rafael Lema-

Este mes remata a tramitación para crear novas «casas do maior», con varios proxectos que optan na Costa da Morte. Un deles é a rehabilitación da antiga escola de Xaviña en Camariñas, da man de Claxes Sociedade Cooperativa Galega.

Este sábado tivo lugar un acto sobre cooperativismo no lugar do Couto de Ponteceso, con obradoiros ofertados polas cooperativas presentes no Festicooop. Uns actos que remataron co concerto de Guadi Galego. Estivo presente a subdirectora de emprego da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e representantes de Espazocoop.

Unha das promotoras do proxecto de Camariñas, Pilar Carballo, expuso a representante da Xunta as necesidades do municipio para contar con este servizo. Xaviña opta a ter un centro cunha coidadora para atender 5 persoas. Entra dentro dun proxecto na Costa da Morte de «economía social, baseado no cooperativismo sen ánimo de lucro, para dar un servizo de coidado a 5 maiores, dende un local cedido polos concellos, favorecendo o emprego feminino no rural, a conciliación, e a dinamización comunitaria» segundo Pili Carballo.

Iniciativa da rede do Centro Colaxe, promotora do proxecto «Casas do maior da Costa da Morte». A Consellería de Política Social escolle este mes os proxectos subvencionados, e as gañadoras terán 3 meses para poñer as Casas en marcha.

Na comarca xa hai varias propostas. En Coristanco, dúas casas unidas na parroquia de Erbecedo, a cargo de Colaxe Sociedade Cooperativa Galega. En Mazaricos, na Picota, unida á Escola Infantil da Galiña Azul, coordinada por 3C Maiores Sociedade Cooperativa Galega. En Cee, na Carbaliza, coordinada pola mesma entidade. En Laxe, no Centro Social de Traba de Laxe, a cargo de Claxes Sociedade Cooperativa Galega. En Camariñas: en Xaviña, promovida pola mesma entidad. En Ponteceso, na Casa dos Veciños do Couto, da man da Monte Branco Sociedade Cooperativa Galega a través da Entidade Veciñal Monte Branco.
 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos