“Villa Regina” é unha aula da natureza de recente creación no lugar da Castiñeira, na parroquia xalleira de Bazar. Preto do nacemento do río Xallas e do Castro de Turnes.
Un espazo idílico. Un pulmón de vida onde se mesturan distintas especies de animais capitaneados pola porca Rosalía, con froitas, legumes, flores, herbas curandeiras e outros vexetais.
Onde se manteñen orgullosos distintos elementos etnográficos e hai un labirinto de millo fantástico que se envolve nas lendas, contos e poemas que nos ofrece unha divulgadora de excepción, Regina Muñiz.
É un lugar ideal para conectar coa esencia e a riqueza do mundo rural. Para meniños e amantes dun xeito de vida saudable e tan noso.Pero mellor visitar Villa Regina con estas imaxes que captamos e tamén escoitar á propia Regina Muñiz na entrevista que ofreceu este mércores en Radio Xallas.