7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Impactante mostra de Amparo Sard no Museo Man de Camelle

– Rafael Lema-

Este venres as 11 horas inaugurouse no Museo Man de Camelle a exposición La inercia de los escombros, da artista mallorquina Amparo Sard. No acto estivo presente a alcaldesa de Camariñas Sandra Insua, acompañada das concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, e da responsable do museo Man Andrea Serodio.

A mostra, que poderá visitarse ata o 26 de setembro, chega a Camariñas da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares. La inercia de los escombros é unha instalación de 12 metros realizada en plástico reciclado. O seu propósito é o de tomar conciencia sobre a evolución das relacións sociais fronte ao devastador ritmo de vida ao que estamos sometidos. A era tecnolóxica axuda a que todo se perciba como se se tratase dunha película de ciencia ficción, que non nos quita o sono nin o apetito aínda que vexamos traxedias de todo tipo como mortes, catástrofes ecolóxicas.

En declaracións a este medio a artista recoñecu que se trata «de una obra que impacta, donde el espectador encuentra una idea de muerte, de oscuridad, de algo desgradable, feo» na la figura dunhas moscas que parecen desmembrar un cadáver escuro formado por unhas pernas humanas e una mancha de fuel cubrindo o un corpo do que van levando anacos os insectos. Sobre unha parede branca destacan tanto o negro corpo como as enormes moscas nunha imaxe certamente impactante e sorprendente, dunha alta calidade tanto estética como de mensaxe. A autora recoñece que «hay un recuerdo a Man en este escena», que nos leva a pensar na icona do corpo de Man extendido sobre o cemento, e engulido polo fuel.

Amparo Sard é doutora e profesora de Belas Artes na Universidade de Barcelona, Master of Art in Media Studies pola New School University de Nueva York. Foi galardoada, entre outros recoñecementos, co Deutsche Bank Internacional, a Medalla de Ouro do Goberno Italiano á súa carreira. Foi seleccionada como unha das mellores artistas do mundo do ano 2018 para a LXRY list de Holanda

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos