10.3 C
Santa Comba
viernes, enero 24, 2025

Brandomil segue viaxando na súa historia

A Fundación Brandomil continúa conectando coa historia da súa parroquia con distintas iniciativas. Neste caso cunha intervención arqueolóxica coordinada polo xalleiro Lino Gorgoso, centrada en varias sondaxes nos vellos camiños de Limideiro e Padreiro.

Continúase co traballo desenvolvido no 2019. Como sinalan desde o Concello de Zas:“Estes traballos son unha prolongación das catas promovidas polo Concello de Zas realizadas en xullo de 2019 nas que se confirmaron a existencia duha vía empedrada de gran tamaño que nalgúns puntos acadaría máis de cinco metros de ancho”.

O proxecto conta co apoio económico do GDR Costa da Morte e da Deputación. E vénse de confirmar que hai unha vía romana. Agora o que se pretende é tamén acreditar esa posible conexión coa vía “per loca marítima”, que unía Braga con Lugo a través da costa. De momento cómpre agardar pero os resultados destas sondaxes que aínda non remataron están sendo moi satisfatorios.

E este venres unhas 50 personas asistiron o á proxección do documental “Camiño Xacobeo Santiago-Muxia por Brandomil» que tivo lugar ao carón da propia ponte de Brandomil. Foi un evento organizado polo Concello de Zas e a Fundación Brandomil!

FOTOS- FUNDACIÓN BRANDOMIL E CONCELLO DE ZAS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos